sábado, 28 de xaneiro de 2017

Presentación do blogue de Artesanía Lúa


O que comezou como un pasatempo, hai aproximadamente dous anos e meio, está a se converter, gracias a toda a xente que confiades en nós as vosas encargas, no noso traballo cotián.

Foron días e días tentando millorar con cada proxecto, aprendendo e experimentando para pulir as nosas pezas, as decoracións, os acabados… con auténtica paixón polo que facemos. E así seguiremos.

Agora queremos dar un pequeno salto nese camiño para converter esta paixón no noso modo de vida. Entre os pasos que estamos a levar a cabo inclúese unha maior e millor presencia nas redes sociais, onde amosamos os nosos productos artesanáis, así como a creación deste blogue, onde abordaremos aspectos máis amplos da nosa actividade.

Rubén no obradoiro de Carlos
Dende aquí tentaremos amosar quen somos e onde vivimos, como e onde traballamos, os lugares aos que imos, a xente que coñecemos e coa que nos relacionamos…

E, sobre todo, falaremos de artesanía, de artesáns, das artes, dos oficios, das materias, das ferramentas e das técnicas tradicionáis... do seu pasado, do seu presente e do seu futuro.

Lucía no Festival do Castelo de AndradePretendemos tamén aportar o noso humilde grao de area na cuestión da autoformación ensinando, o pouco que sabemos e todo o que aprendamos, a traveso dos nosos post e dunha canle de youtube (que poñeremos en funcionamento proximamente) e dende onde tentaremos resolver as dúbidas que se nos plantexen.

Graciñas a todos e todas por seguir o noso traballo e apoiarnos neste camiño. 

Vémonos por aquí!!!

📩 coiro.lua@gmail.com

Podedes ver os nosos traballos ate o de agora en Facebook:

https://www.facebook.com/artesanialua/

E a partires de agora tamén en Instagram:

https://www.instagram.com/artesania.lua/